Os comerciantes do casco vello de Cangas volveron vivir un déjà vú onte pola mañá ao atoparse cos seus establecementos asaltados. Na maioría deles non chegaron a entrar ou non levaron nada porque os seus propietarios xa non deixan nin un duro ante o que poida pasar. Con todo, as pegadas eran evidentes. Nalgúns compieron os cristais cunha arqueta, noutros o tentaron a fartar e hai onde tamén utilizaron pancas para forzar as portas. «A xente ten medo, estamos como o ano pasado», di a presidenta dos comerciantes Cangas Vella, Clara Bernárdez, tamén coma unha das afectadas polos intentos de roubo.
Bernárdez asegura que puxo en coñecemento desta situación ao Concello e que reclama que reforcen a presenza policial polas noites, non só durante o día. Neste momento, en horario nocturno, só hai unha patrulla da Garda Civil para toda a comarca do Morrazo.