A xuntanza na sede do Galp Ría de Pontevedra en Marín.

A XUNTA DE GALICIA pon a disposición do territorio máis de millón e medio de euros para a empresarios/as, asociacións, entidades do sector pesqueiro e da economía azul

O prazo de presentación de proxectos remata o 21 de marzo

O GALP Ría de Pontevedra inicia unha campaña informativa sobre a apertura dunha nova convocatoria das axudas FEMPA 2021-2027 para a anualidade 2025 dirixidas a impulsar proxectos que contribúan ao desenvolvemento sostible da Ría de Pontevedra. Contan cun financiamento do 70 % por parte do FEMPA e do 30% por parte da Consellería do Mar.

O GALP Ría de Pontevedra xestionará máis de un millón e medio de euros en axudas para proxectos no seu territorio que promovan a sostibilidade ambiental, asegurando que as operacións financiadas se manteñen en consonancia coa política pesqueira común e a lexislación ambiental da Unión

As axudas están enmarcadas no Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. E a convocatoria de axudas ao amparo do FEMPA está rexida pola   orde que se publicou o día 21 de febreiro (enlace cando se publique ) !! , que establece as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP).

As xornadas de presentación

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra, en colaboración cos Concellos e entidades do territorio, está a organizar nos vindeiros días, xornadas de presentación das axudas dirixidas a empresarios/as, asociacións e entidades do sector pesqueiro e público en xeral.

Estas xornadas teñen como propósito detallar as bases da convocatoria, resolver dúbidas e guiar ás persoas e entidades interesadas no proceso de solicitude. Logo dunha pausa para descanso e consultas máis informais reanudarase a sesión coas persoas interesadas que queiran ter un asesoramento na redacción dos proxectos.

O GALP Ría de Pontevedra anima a todas as persoas e entidades con ideas ou proxectos para desenvolver en torno ao mar e que contribúan ao desenvolvemento sustentable e integrado da Ría de Pontevedra a asistir a estes talleres e a aprender máis sobre as oportunidades de financiamento dispoñibles.

O GALP Ría de Pontevedra ofrecerá tamén este ano un servizo de titorización para a presentación de proxectos que se porá a disposición dos interesados e que presentarase no curso das xornadas. .

Para máis información e inscricións, pódese contactar co GALP Ría de Pontevedra a través do teléfono 886 213 015 ou do correo electrónico gacpontevedra@gmail.com

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *