Os concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín co cartel do Entroido 2025.

Os concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín presentaron a imaxe deste ano, obra da ilustradora Julia Lago, e detallou como será o programa

Marín celebrará un ano máis o seu Entroido cun amplo e variado programa de actividades para todas as idades que se desenvolverán entre o 24 de febreiro e o 23 de marzo.

A localidade converterase nun referente da festa, coa colaboración de distintas entidades culturais e sociais do municipio, cunha programación na que destacan os seus desfi les e o Enterro da Sardiña.

Os concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín, presentaron todo o programa que se detallará a continuación, así como a imaxe do Entroido deste ano, realizada pola ilustradora Julia Lago, e na que, xogando coa estrutura da carriola, aparecen elementos típicos do noso Entroido, como unha viúva chorando, a sardiña, un merengue…

A continuación, detállase o calendario de eventos que conforman o Entroido de Marín 2025: 24 de febreiro (luns)

A partir das 18:00 h, o local do Ateneo Santa Cecilia acolle a Exposición fotográfi ca do Entroido, que estará aberta ao público ata o 14 de marzo (de luns a venres de 18:00 a 20:30 h).

Nesta xornada tamén comezan as charlas sobre o Enterro da Sardiña nos Centros Educativos do municipio, organizadas polo Ateneo Santa Cecilia.

28 de febreiro (venres)
De 17:00 a 20:00 h, terá lugar o Entroido Solidario no Multiusos en conmemoración do Día Mundial das Enfermidades Raras, organizado pola Asociación No Estamos Solos.

Ás 20:00 h, a cidade poderá gozar dos Cantos de Taberna polos bares de Marín, unha actividade organizada polo Concello de Marín e Saljariteiros e ás 20:30 h, conferencia de D. Manuel Dopazo sobre os Entroidos no Ateneo Santa Cecilia.

1 de marzo (sábado)
A partir das 16:00 h, comeza a inscrición para o Desfi le Infantil no Palco da Música da Alameda, cuxo percorrido dará comezo ás 16:30 h polas as rúas da cidade. O desfi le rematará no Parque Eguren (só se celebrará se as condicións meteorolóxicas o permiten).

Ademais, de 17:00 a 19:00 h o Parque Eguren acollerá a Gran Festa Infantil con música, animación, obradoiros e fi lloas de balde, organizada polo Concello de Marín (no caso de choiva, trasládase ao Pavillón do IES Illa de Tambo).

2 de marzo (domingo)
Ás 12:30 h, animación das Comparsas de Marín polas rúas da vila. A partir das 16:00 h, concentración de participantes para o Desfi le de Adultos na praza do Regueiro. O gran desfi le de disfraces e carrozas comezará ás 17:00 h, percorrendo varias rúas de Marín e rematando no Parque Eguren, onde se entregarán os premios (en caso de choiva, o evento será aplazado).

3 de marzo (luns)
Velorio do Enterro da Sardiña no Concello, organizado polo Ateneo Santa Cecilia e o Concello de Marín. A partir das 12:00 h, festa do Merengue na Lameiriña, acompañados por Pousos da Area, organizada polos Amigos dos Rapaces e o Concello de Marín.

Ás 17:00 h, Festa infantil coa animación de DOLCEVITA na Lameiriña (tamén organizada polos Amigos dos Rapaces e o Concello de Marín).
De 17:00 a 21:00 h, tarde de Ludoxornadas no Museo.

4 de marzo (martes)
Ás 16:00 h, terá lugar o 1º Torneo de Chave Enterro da Sardiña nos Campos de Petanca Municipais da Bda. Virxe do Carme, organizado pola A.C.D. Gharaboto.

De 17:00 a 21:00 h, segunda xornada de Ludoxornadas no Museo e de 17:30 a 20:00 h, obradoiros e xogos infantís de Entroido na Alameda (trasladados ao Multiusos en caso de choiva).

Ás 20:00 h, no Ateneo Santa Cecilia, terá lugar a Entrega de Premios do Concurso de Orellas e Filloas, coas recepcións comezando ás 18:00 h.

5 de marzo (Mércores de Cinza)
Ás 18:00 h, velorio do Enterro da Sardiña no Palco da Música, con reparto de viño e pan de millo. Ás 20:00 h, saída do Enterro da Sardiña, que percorrerá varias rúas da vila ata chegar á Praza do Reloxo, onde terá lugar o pregón e a despedida do mar.

8 de marzo (sábado)
Ás 16:30 h, animación da Charanga Noroeste en Seixo e a partir das 17:00 h, Desfi le de Entroido pola parroquia, homenaxeando á Burra Chirica, con lambonadas para a rapazada e sesión de música e baile. Organizan o Grupo Cultural Ronsel e o Concello de Marín.

23 de marzo (domingo)
Ás 17:00 h, terá lugar o Desfi le de Entroido de San Xulián, organizado pola Comparsa Os da Caña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *