A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, e o responsable de Recolte, a empresa adxudicataria da recollida deste servizo, Juan José Castro, presentaron esta mañá unha nova campaña de concienciación sobre a recollida de voluminosos na vila.
A través das ilustracións creadas por José Malvárez Carleos e Aldara Álvarez García, o Concello quere incentivar para que se cumpran as normas de convivencia que teñen que ver coa recollida selectiva de residuos e, de xeito concreto, a recollida de voluminosos.
“Notamos en xeral un bo comportamento da cidadanía de Marín”, aseguraron na presentación da campaña esta mañá no Concello, que si que se detectan puntos de verquido específicos “que afectan á paisaxe”.