Segundo a Subdelegación do Goberno, polo momento só hai tres sobreviventes y varios muertos
O pesqueiro do grupo Nores Villa de Pitanxo naufragou mentres faenaba en augas de Canadá. Así o confirmou a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, hai apenas unha hora. As 5:00 da mañana pérdese a caixa azul e as seis saltou a baliza alertando dun posible afundimento, explicou, saltou ao redor das seis da madrugada e, polo momento, só atopáronse tres sobreviventes sobre unha balsa e con síntomas de hipotermia.
Desde o primeiro momento, informou Larriba, sae o servizo de salvamento canadense e varios pesqueiros que están nese momento na zona de Terranova, entre eles un pequero tamén de Marín, e localizan ao redor das 10:00 horas catro balsas salvavidas con dificultade para acceder a elas por falta de luz ao ser aínda de noite. Cando conseguen chegar a elas descobren que dous están baleiras noutra hai tres sobreviventes. «Temos constancia de que hai cadáveres», puntualizou a subdelegada.
O barco, con base en Marín, conta con 24 tripulantes e xa tense constancia de hai falecidos pero ainda non se sabe cantos. Segundo fontes do Concello de Marín, 18 teñen DNI español, aínda que algún é de ascendencia estranxeira.
Polo momento non trascendeu máis información ao respecto.