A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, presentaron a nova campaña de fomento do transporte público en Galicia, «Móvome». Con esta campaña a Xunta presenta o transporte público galego como un camiño de presente e futuro.

A titular de Infraestruturas e Mobilidade sinalou a decidida aposta da Xunta polo transporte público, ao que destina case 100 millóns de euros cada ano, é dicir, 300.000 € cada día. Algunhas das medidas postas en marcha nesta dirección son a renovación de case 3.500 liñas de transporte interurbano, levando o autobús onde antes non chegaba e implantando novas modalidades; e a renovación das infraestruturas poñendo en servizo as novas estacións intermodais nas cidades e facilitando a intermodalidade nas vilas.

Ademais, hai que destacar os incentivos económicos que a Xunta aplica a través das tarxetas de Transporte Público de Galicia. Desde hai máis dun ano aplícanse descontos que chegan ao 50% e case 150.000 mozos teñen a tarxeta Xente Nova, coa cal viaxan gratis por Galicia aforrando en total case medio millón de euros ao mes.

Grazas a todas estas medidas, no primeiro semestre de 2023, o transporte público galego rexistrou 18 millóns de viaxes, o que supuxo un incremento do 17% no número de viaxes con respecto a este mesmo período no ano 2022. No verán, esta porcentaxe incrementouse ata o 30% con respecto ao mes de xullo de 2022.

A aposta polo transporte público da Xunta radica en tres motivos principais: o contexto climático, xa que cómpre reducir os niveis de contaminación; a dispersión da poboación, que require dunha oferta de servizos que garanta a mobilidade; e o encarecemento dos combustibles.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *