Dúas persoas resultaron feridas leves, unha delas un menor de 15 anos, tras impactar o autobús escolar (Monbús) no que viaxaba de volta a casa tras o primeiro día de instituto no IES A Paralaia de Moaña. Segundo a Policía Local, que aínda se atopa no lugar, o turismo circulaba desde Marín en dirección Moaña e o autobús, que ía en sentido contrario, dispoñíase a virar cara a Porta do Cego cando ambos chocaron. Como consecuencia do golpe, o condutor do coche e o menor resultaron feridos leves, aínda que non precisaron asistencia médica. Ao resto de menores que viaxaban no autobús acudiron os seus familiares para recollelos.
Ata o lugar trasladáronse Policía Local, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Moaña, que se encargou de limpar a calzada.
Este accidente prodúcese tan só uns días despois de que no mesmo punto impactasen un coche e unha moto, cuxo piloto tamén resultou ferido grave.