Un home de 57 anos, veciño da parroquia de Darbo, faleceu a última hora de hoxe tras sufrir un infarto mentres xogaba ao fútbol keniata no campo de Rodeira.
Tras dar a voz de alerta ao redor das 21:00 horas no lugar presentáronse os servizos de emerxencias e unha ambulancia medicalizada, ademais dun equipo médico do centro de saúde, pero nada se puido facer por salvarlle a vida. Aínda que nun principio lograron reanimarlle, finalmente faleceu ás 21:30 horas.
A Rodeira tamén acudiu a Policía Local e Protección Civil de Cangas.