O PP afirma que se trata dunha denuncia de todos os colectivos veciñais

O Partido Popular de Cangas reclama ao goberno local a limpeza da rede viaria municipal nas zonas máis rurais do municipio. O grupo municipal sinala se a situación no casco urbano é grave aínda é maior a medida que se visita as zonas máis periféricas do concello.

“A falta de desbroce de camiños é unha das grandes demandas que nos achegan os colectivos veciñais da zona. Según nos explican mantiveron reiteradas reunións coa alcaldesa (ainda que é competencia da concelleira de Servizos, Aurora Prieto) sobre este tema nas que se lles di que sí a todo para que logo non se faga nada” explican, “un pouco como pasa nos plenos coas mocións aprobadas por unanimidade e que logo nunca se chegan a cumprir” ironizan. “Trátase entre outras cousas dun asunto de seguridade viaria. O equipo de goberno agrava a situación coa súa pasividade cada día que pasa” engaden.

“Esiximos que se elabore un cronograma en colaboración coas asociacións das diferentes zonas dos traballos de limpeza e que se executen os mesmos a maior brevidade posible” rematan.

Lavadoiros abandoados

O principal grupo da corporación tamén critica a situación dos lavadoiros municipais. “A falta de mantemento destes elementos do noso patrimonio saltan á vista” recalcan, “falta de limpeza no interior e nos accesos, tellados rotos,…” son algunhas das deficiencias que enumeran.

A formación sinala co lavadoiro da Regueira (o último no que se actuou) segue con vaiado “xa que aínda non se rematou a obra pendente da colocación dunha barandilla como elemento de seguridade debido ao diferente nivel respecto a beirarrúa” sinalan. “E iso leva así demasiado tempo sen que unha vez máis dende o Concello se faga nada” insisten.

Tamén sinalan cos lavadoiros de Fonte do Ouro e do Castelo reclaman actuacións urxentes, “especialemente neste último no que unha árbore ameaza con caer sobre o mesmo e as súas pólas xa están danando o tellado. Unha situación que pode agravarse cos primeiros temporais do outono” explican, “trátase de dous lavadoiros que a diferencia doutros do noso municipio aínda teñen uso pola veciñanza” declaran, polo que reclaman unha vez máis a actuación dos responsables municipais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *