O Concello de Moaña volve celebrar de forma presencial os consellos veciñais tras verse obrigado a convocalos de forma telemática en 2020 por mor da pandemia.
Os primeiros terán lugar xa a próxima semana. Primeiro será o vindeiro luns 15 de novembro cos veciños de Moaña Consello ás 19:00 horas na Casa do Concello. O seguinte, o martes 16, co A Praia-Seara tamén as 19:00 horas no salón de plenos.
Nos dous casos, e como vén sendo habitual, a orde do día inclúe dar conta das actuacións e proxectos executados en cada parroquia e poñer sobre a mesa novas propostas para executar durante o 2022, ben a través dos orzamentos municipais o bien iniciativas a xestionar ante outras administracións u organismos públicos.