A aposta do concello de Moaña por un sistema de tratamento diferenciado dos biorresiduos vén de acadar recoñecemento estatal coa consecución do Primeiro premio para concellos de entre 5000 e 30000 habitantes, outorgado polo Congreso Nacional de Medio Ambiente. O traballo incansable das mestras composteiras e o apoio da Deputación de Pontevedra a través do Revitaliza, contribuíron a este éxito. Ainda que o máis importante é a boa acollida e a implicación da veciñanza na compostaxe comunitaria e individual.
O premio foi recollido pola alcaldesa durante a xornada de clausura do XV congreso nacional de Medio Ambiente celebrada no IFEMA de Madrid, de mans do Consejero de Medio Ambiente da Comunidade de Canarias.
Neste momento Moaña ten repartidos máis de 450 COINS e ten en funcionamento 11 CCC, que se traduce nunha participación de máis 1000 fogares.
A alcaldesa, Leticia Santos, estivo acompañada polo concelleiro de Medio Ambiente, Odilo Barreiro, e as mestras composteiras do concello de Moaña é da Mancomunidade, Yolanda Pastoriza e Paula Casal, respectivamente.