Según explica el BNG, o Gobierno central non ten ningún proxecto para ordenar o aterrado de Samertolameu nin a ensenada de Meira a pesar da promesa de Zapatero
O deputado do BNG, Nestor Rego nunha recen visita a Comarca comprometía diante dos colectivos sociais de Meira as xestións necesarias diante do Goberno do Estado para saber daquela segunda fase do proxecto de recuperación dos areais de Moaña que no seu día comprometera o goberno socialista de Zapatero. Proxecto que unha vez rematado a rexeneración do areal da Xunqueira tiña por finalidade ordenar o aterrado de Samertolameu, procurar o paso de auga para a recuperación da illa de Samertolameu e unha senda peonil que uniría o porto co areal do Cocho ordenando toda a enseada de Meira.
Unha proposta que nacera da iniciativa de Olaia Fernandez e Francisco Rodriguez e
que na altura de 2007 conseguira o compromiso do Goberno de Zapatero na que se incluira dotación orzamentaria pero que desgraciadamente nunca chegou a concretarse a pesares de figurar nos orzamentos do Estado reiteradamente.
Nestor Rego preguntaba na súa iniciativa se o Goberno vai recuperar o proxecto de rexeneración da enseada de Moaña e porlle cara a enseada de Meira, acondicionado o litoral do aterro da Ribeira consolidado como espazo de ocio, instalacións deportivas e parque de xogos, con un novo aceso a Illa en forma de ponte que permita o paso de auga, así como unha senda peonil pola zona de servidume que una o porto de Samertolameu co areal do Cocho.
A resposta do Goberno, segundo o BNG, evidencia «o total descoñecemento deste compromiso contestando literalmente que «non se dispón de ningún proxecto para a rexeneración da liña de costa coa recuperación do areal da Xunqueira mediante a liberación das ocupación de dominio público marítimo terrestre». Tamén «informa que xa existe conexión peonil entre o porto de Samertolameu e o areal do
Cocho e que para acometer unha senda peonil na parte oriental da Illa esixen que Concello de Moaña poña a disposición do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico os terreos necesarios para a súa incorporación ao dominio público terrestre». Ademáis, trasladan os nacionalistas, «non teñen previsto a retirada de terra para permitir o paso de auga e recuperar así a esencia da Illa».
«Dende o BNG de Moaña parecemos que esta resposta exemplifica o descoñecemento e a falta de compromiso do actual Goberno español con Moaña e o esquecemento absoluto dos compromiso adquirido polo Partido Socialista, dado que a recuperación do areal da Xunqueira é unha realidade xa dende o ano 2009, inaugurada por certo pola ministra, hoxe concelleira en Vigo, Elena Espinosa», critican e recordan que «na actualidade non existe conexión peonil entre a Illa de Samertolameu e o areal do Cocho, salvo que consideren que é apto a conexión a través da PO-551».
O BNG considera que «non é de recibo» trasladarlle a responsabilidade dos terreos en Dominio Público Marítimo Terrestre ao Concello de Moaña para poder
desenvolver a «ridícula» senda peonil na zona oriental da Illa, cando xa está consolidado salvo un pequeno tramo en Dominio Público, competencia de Costas do Estado.
Os nacionalistas trasladarán esta resposta aos colectivos sociais locais.