Presentación do Cómic-Con Moaña no Concello no 2021.

Dirixido á Mocidade en dúas categorías, Sardiña e Xouviña, o Concello de Moaña xa prepara a convocatoria do seu Certame de Cómic. A data de entrega de orixinais realizarase dende este momento até o martes 31 de maio de 2022.

Os traballos será orixinais e escritos en galego, non sendo premiados en ningún outro certame. O tema e a técnica serán libres en formato DIN A4 e a extensión entre 3 e 4 páxinas para as categorías Sardiña (de 14 a 18 anos) e entre 2 e 4 páxinas a categoría Xouviña (menores de 14 anos).

As obras poderán facerse de xeito individual ou ben conxuntamente entre guionista e debuxante. A data de entrega de orixinais realizarase dende o venres 8 de abril de 2022 até o martes 31 de maio de 2022. Entregaranse na cMo-Casa da Mocidade de Moaña, Rúa María Martín s/n de Moaña. O sistema de entrega será baixo plica (nun sobre pechado aparte, no exterior figurará o título ou lema e a categoría na que participan. E no interior nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto, correo electrónico e enderezo.) Tamén se poderá presentar de forma telemática ao enderezo electrónico: mocidade@concellodemoana.org. no que se presentará dous arquivos en formato pdf:
. títulooulema.pdf: neste documento que terá por nome o título ou lema da obra, presentarase a obra que se presenta ao concurso.
. plicatítulooulema.pdf: na que se presentará unha folla con: nome e apelidos, categoría na que participa, título ou lema da obra, DNI, enderezo electrónico, dirección e teléfono de contaco.

En canto aos premios, establécense dous. Na categoría Sardiña será un bono para consumir no comercio do Morrazo por valor de 300 euros e na Xouviña por 150 euros.

O xurado estará presidido polo Concelleiro delegado da área de Mocidade, Xosñe Daniel Costas, así como dúas persoas cualificadas no ámbito da cultura e do debuxo que poidan escoller as obras premiadas. O Xurado poderá considerer deserto calquera dos premios. O fallo darase a coñecer aos medios de comunicación e a través das redes sociais do Concello de Moaña e da cMo- Casa da Mocidade de Moaña. A entrega estará relacionada coas actividades da COMICON MOAÑA.

As obras gañadoras pasarán a ser propiedade do concello de Moaña e publicarase na revista O Fisgón de cómic coordenada polo IES Paralaia. A participación implica a aceptación destas bases.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *