O conselleiro coa dirección do Ceip Seara e a alcaldesa en agosto nunha visita ao centro.

O proxecto contempla unha mellora da eficiencia enerxética, accesos, mobiliario interior, falsos teitos e cuberta

O pleno da corporación de Moaña que se celebrará o vindeiro mércores, 29 de decembro, inclúe a solicitude de bonificación ou exención tributaria do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) pola reforma que a Xunta pretende levar a cabo no Ceip Seara por valor de 925.000 euros. Tal e como aprobou a corporación moañesa nunha sesión anterior, aquelas actuacións declaradas de especial interese ou utilidade municipal poden quedar exentas de ata o 95 por cento deste imposto sen límite algún a condición de que a proposta salga adiante en pleno. Este é o caso do acondicionamento deste centro escolar por parte da Consellería de Educación. Na comisión informativa do pasado martes, PP e os dous partidos do goberno local (BNG e PSdeG) anunciaron o seu voto a favor, mentres que XM abstívose e reservou o seu voto para o mércores.

Estímase un prazo de execución para a realización de todas as obras de 5 meses, a partir da firma da Acta de Comprobación e reformulo das mesmas.

¿En qué consisten as reformas no Ceip Seara?


As actuacións para executar están enfocadas en conseguir unha maior eficiencia enerxética. Por iso, actúase na mellora da envolvente do edificio, co fin de contribuír a un maior aforro enerxético e mellorar a sensación térmica no interior do centro. É por este motivo que se prevé tamén a colocación de illamento polo exterior en todas as fachadas e o cambio de carpinterías exteriores. Colocarase un illamento ademais no teito dos patios cubertos sobre os que existan espazos habitables evitando, desta maneira, a ponte térmica que se crea nestas zonas. Por último, no edificio de infantil, prevese a colocación de illamento sobre o forxado bajocubierta, xa que se contemplan actuacións en cuberta.

En canto ao sistema de calefacción existente, o edificio de primaria dispón dunha instalación de calefacción por radiadores, cunha caldeira de gasóleo.

Por outra banda, actuarase tamén noutros elementos, como a creación dun segundo acceso principal no edificio de primaria e a reorganización do acceso existente no edificio de infantil. Engádese, ademais, un ascensor e un aseo adaptado no edificio de primaria, ventiladores de extracción en aseos sen xanela, aireadores nos que si contan con xanela e óptase pola motorización daquelas xanelas que se atopen a unha altura inalcanzable manualmente. Tamén se substituirán todas as portas interiores xa que se atopan en avanzado estado de deterioración. En aseos, xéranse novas cabinas a base de paneis de alta densidade. Instalarase un novo cadro eléctrico xeral xa que na actualidade o edificio de primaria carece dun.

En canto á iluminación, na maioría de aulas e diversas estancias do edificio de primaria existen luminarias de tipo LED sen regulación lumínica, renovadas de forma recente. Procederase ao seu aproveitamento e recolocación nas zonas nas que non sexa precisa regulación, como son corredores, aseos, cuartos de limpeza, almacéns e zonas comúns. Nas aulas e despachos instalaranse novas luminarias de tipo LED con regulación lumínica.

Edificio de Infantil

No edificio de Infantil renovarase a totalidade das luminarias existentes, seguindo o mesmo criterio que no edificio de Primaria. Conxuntamente dispoñeranse equipos de regulación, así como detectores de movemento en corredores e aseos. De igual modo renovaranse as luminarias existentes no exterior dos edificios. Por último, procederase á substitución das luminarias de emerxencia existentes que non funcionan e instaranse novos elementos, de acordo á nova distribución.

No tocante á cuberta, prevese a substitución daquelas cubertas nas que exista presenza de fibrocemento con amianto, concretamente, en cubertas de patios exteriores e en edificio de infantil, a cal se reconfigura pasando da actual cuberta en bolboreta a unha cuberta tradicional a dúas augas. Paralelamente á reformulación da cuberta de infantil, aprovéitase para colocar illamento sobre o forxado bajocubierta existente.

En canto á cuberta do edificio de Primaria, trátase dunha cuberta en chapa relativamente recente, polo que se opta por mantela tal como está.

Por último, prevese a renovación dos falsos teitos. No edificio de Primaria, onde o falso teito é recente procederase á substitución puntual dos elementos deteriorados; no resto de áreas substituirase completamente. No edificio de infantil, a excepción da aula de 3 anos, non existe falso teito. Coa intervención prevista procederase á súa instalación e á renovación do existente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *