El Concello anuncia hoy a iniciativa con motivo del Día mundial do trastorno do espectro autista,
O Concello de Moaña e a súa Escola de Saúde segue na promoción, educación e visibilidade das inquedanzas da súa veciñanza. Por iso, co gaio do 2 de abril, Día mundial do TEA ,trastorno do espectro autista, o Concello de Moaña xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, Grupo de investigación Stellae, Grupo de innovación ARDORA e Nova Escola Galega acaban de anunciar ás II Xornadas ormativas para unha mellora na inclusión tanto na escola, nas familias como na sociedade ante as persoas TEA.
Unha iniciativa que xorde debido «ao interese que suscita a nivel social a comprensión e atención ádiversidade en todos os seus ámbitos, considérase de relevancia sensibilizar e formar respecto ao Trastorno do Espectro Autista (TEA), unha condición na que se atopan máis de 27.000 persoas en Galicia.”
Esta primeira xornada, afirma la concelleira de Benestar Social, María Sanluis, pretende abordar dende unha perspectiva multidisciplinar, holística e diversificada do TEA. Por este motivo, participan nelas persoas do ámbito da investigación, da escola, da psicoloxía, asociacións e tamén familias e as propias persoas con esta caracterísitca para contar as súas experiencias en primeira persoa con relación ao traballo con personas con TEA.
Este primeiro achegamento á temática farase a través de conferencias impartidas por especialistas mesas redondas que pretenden xerar un diálogo sobre inquedanzas e curiosidades sobre o TEA e tamén mediante a realización de obradoiros que intentan dinamizar a formación e achegar os coñecementos teóricos á realidade e práctica cotiá nos diferentes contextos: escola, família e sociedade.”
Os obxectivos que temos son sensibilizar sobre a importancia da inclusión social e educativa das persoas con TEA, contar cun espazo de intercambio de información sobre estratexias e recursos para a inclusión das persoas con TEA, dar visibilidade aos diversos colectivos que traballan con persoas con TEA, ofrecer alternativas de comunicación verbal que faciliten a interacción con personas con autismo sen linguaxe oral, Coñecer as experiencias sensorias das persoas con TEA, aprender técnicas e ferramentas de estructuración espazo-temporal, incorporar nocións básicas sobre adaptación de materiais e recursos para persoas con TEAe achegarse a un lecer máis inclusivo a través do xogo.
A xornada será o 31 de maio no IES AS Barxas, cun aforo de ata 120 persoas. Será totalmente gratuito e comezará ás 09:30 ata ás 20:00 horas.