Asociación de Mulleres e goberno na presentación da Festa do Mexilón de Moaña do próximo domingo.

Esta fin de semana promete. Moaña ofrece unha oferta cultural e gastronómica que comeza xa mañá venres e que se prolonga ata o domingo. A arboleda da Xunqueira acollerá «Noites de Baile con Airiños», unha iniciativa organizada pola Banda de Música de Moaña na que colabora o Coincello, como no resto de eventos recollidos no programa Días de Mar. Será ás 22:00 horas.

Tamén Airiños poñerá música ao Eirado do Ferreiro co concerto Skarajazz o sábado ás 12:00 horas. E para continuar con este ritmo, xa pola tarde noite, desde as 21:00 horas, tocaralle a quenda ao VII Festival de Jazz de Moaña no mesmo emprazamento da contorna de Concepción Arenal. Héctor Agulla Cuarteto será o grupo encargado de amenizar a velada desta noite de verán.

Para os cinéfilos, a partir das 22:30 horas, sesión de Cinema de Verán no Xardín do Concello coa proxección de ‘O Corpo Aberto’.

E para pechar a fin de semana, regreso da Festa do Mexillón, que tras unha parón este ano cumplirá a XXVI edición. Será, como é tradición, no patio do colexio de Reibón de 11:00 a 20:00 horas con Anabel Budiño e Se Rial como pregoeiros. A continuación actuará a Banda de Música Airiños do Morrazo e desde as 13:00 horas comezarán a repartirse as racións de mexillón. Haberá ao vapor e con vinagreta, croquetas de mexillón e empanada de mexillón.

Na presentación da festa estiveron presentes a Presidenta da Asociación de Mulleres, Ángeles Pena Bouzada, e duas compañeiras da directiva (Sonia e Sira). Por parte do Concello estivo a alcaldesa, Leticia Santos, a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Coral Ríos, e os edís Xosé Daniel Costas, Xosé Xoán Melón, Kevin González, Dolores Chapela e María Sanluis.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *