A corporación municipal de Moaña e decenas de veciños celebraron esta tarde unha concentración en repulsa polo crime machista sucedido este domingo no que unha muller, Beatriz Lijó, morreu a mans do seu ex parella e en presenza dos seus fillos. Desde 2010 xa son 69 as mulleres falecidas en Galicia. Ao longo de 2023, en apenas mes e medio, xa van 8 vítimas de violencia de xénero no noso país.