Un centear de persoas asistiron ao acto ás portas do centro de saúde actual o pasado 16 de outubro.

Nun acto simbólico esta mañá ás portas do centro de saúde os representantes da Plataforma pola Sanidade e membros do goberno de Moaña cortárona a cachiños para escenificar o logro acadado

Plataforma da Sanidade, Asociación de Mulleres, goberno local e veciños quixeron enterrar simbólicamente unha loita que mantiveron durante dúas décadas, a de demandar un centro de saúde á altura do que se merece Moaña. Un acto que chegou días despois de que comezasen as obras de urbanización dos terreos por parte do Concello e que, en canto obteña a propiedade oficial, entregará á Consellería de Sanidade para que comece coa construción do edificio.

Aínda que nun principio a intención da organización era «queimar» a pancarta, na que rezaba «Por un centro de saúde. Atención primaria digna», finalmente optaron por cortala a cachiños que quedarán para o recordo. A primeira en facelo foi Maruxa Boubeta, que encabezou a Plataforma, e tras ela membros da mesma, a Alcaldesa e concelleir@s do goberno e, por último como pequena homenaxe polo seu traballo á fronte da loita pola defensa da sanidade de Moaña, Paco Ferreira, retirado da primeira liña do activismo por motivos de saúde.

A encargada de representar á Plataforma e tamén á Asociación de Mulleres, Concha Trigo, agradeceu o labor de tod@s os que ao longo destas dúas décadas participaron nas reivindicacións por un centro de saúde digno que agora farase realidade en Sisalde. Pero tamén aproveitou o acto para poñer de manifesto dúas demandas presentes: a volta das urxencias a Moaña e a mellora da atención primaria co aumento do persoal.

Pola súa banda, a encargada de falar en nome do goberno foi a alcaldesa, Leticia Santos, que tamén agradeceu «o traballo da Plataforma «indispensable para desatascar o centro de saúde pola súa «mobilización social». Un traballo no que Paco Ferreira tivo un papel imprescindible que Santos, en nome do Concello, quixo destacar porque permitiu chegar a un acordo coa Consellería de Sanidade». «Moaña merece esa infraestrutura», reafirmouse aínda que quixo poñer de manifesto que «non só importa o edificio» para ter unha sanidade de calidade «tamén os profesionais sanitarios para que nos atendan». «Quen se resigna non consegue nada e Moaña nunca se vai a resignar», concluíu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *