O contedor en chamas en Broullón.

A Policía Local de Moaña informa de que ás 01:20 desta madrugada un contedor de lixo estaba ardendo nas proximidades d estrada PO-313 na zona de Broullón, a altura do número 2B. Ao chegar ao lugar a patrulla comproba que o contedor que estaba en chamas supoñía un perigo para a circulación, polo que avisa ao 112 para que solicite a presenza dos Bombeiros do Morrazo, que non poden asistir porque nese momento o parque de Castiñeiras estaba pechado novamente por unha baixa imprevista.

Ante esta situación, e vendo que vos entullos e ou lume que invade parte do carril de circulación pídese novamente a Emerxencias que avisen a mantemento e conservación de estradas. Neste caso si que acuden dous operarios de mantemento de estradas que apagan o lume e sinalizan o lugar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *