Xela Arias, protagonista do Día das Letras Galegas 2021.

A concellería de Cultura de Moaña ten previsto celebrar o Día das Letras Galegas cun programa que, fundamentalmente, levará a cabo ao aire libre e recintos públicos abertos. Este xoves 13 de maio ás 19:30 horas terá lugar a presentación do libro «Non che amola! de Xela Arias. Un acto que se realizará nos Xardíns do Concello e ao que asistirán Luz Beloso e Francisco Castro.

O venres 14, tamén ás 19:30 horas, e novamente nos Xardíns do Concello haberá concerto homenaxe a Xela Arias da man de Xardín Desordenado Group. Ao día seguinte, e tamén durante os días previos, soarán poemas de Arias.

O propio día festivo, o luns 17, o streaming do Concello de Moaña emitirá videopoemas sobre Xela Arias gañadores entre os institutos da localidade. Pero a programación non terminará aquí. O venres 21 ás 19:00 horas, de novo, os Xardíns do Concello serán escenario para o Rechouchío Letras Galegas coa Run Run e a obra Aquelando as nosas letras con Xela.

A guinda poñerase o sábado 22 de maio ás 21:00 horas co Festival Ai Mo.S.A.!! na contorna do Palco da Música. Un festival de curtametraxes seleccionadas polos institutos IES As Barxas, IES Plurilingüe A Paralaia e IES María Soliño.

En caso de choiva, os actos trasladaranse ao salón de plenos ou ao centro cultural Daniel Castelao, aínda que se decidirá pouco antes da hora de inicio da actividade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *