Moaña xa ten data para a Gala do Deporte deste ano 2022, despois de que o ano pasado tivese que adiarse pola choiva. En 2020 non se fixo pola pandemia. Será o venres 22 de xullo ás 21:00 horas no palco da música.
A concellería de Deporte informa do prazo para presentar os nomeamentos comeza hoxe e estará aberto ata o 1 de xullo, ambos incluídos. Lembran que nesta gala valóranse os méritos alcanzados no ano 2021.
Os interesados en mandar as candidaturas terán que presentar a documentación en PDF nos mails culturaedeporte@concellodemoana.org e con copia a doloreschapela@concellodemoana.org co asunto Gala do Deporte: Nomeamentos.
Toda a información pode consultarse na web do Concello de Moaña.