O Concello de Moaña, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura, celebrará este domingo nos Xardíns do Concello a terceira edición da Feira do Mel.
A apertura será ás 11:00 horas e así permanecerá ata as 20:00 horas. Ao longo de todo o día haberá obradoiros, animación, sorteos e concurso de degustación. Ás 11:15 horas taller infantil de cerámica e eolería tradicional da man de Alén das Olas, ás 11:30 horas Apiturismo a través dunha exposición apícola tradicional galega e ás 12:00 animación de rúa con Anabel Budiño e Se Rial. Xa ás 12:30 horas, monólogo de Pepo Suevos » Falade galego, rapazada!!.
E ao terminar a actuación, chegará o momento da homenaxe, que nesta ocasión será para o laureado remeiro moañés Fernando Rúa Pena, que recibirá, ás 13.30 horas, un agasallo de mel.
Xa pola tarde, ás 14:00 horas, sorteo de produtos da feira, novo taller con Alén dás Olas ás 17:00 horas e concurso de degustación ás 18:00 horas. Case como peche desta edición, ás 19:30 horas, pasacalles co grupo de gaitas Peis D´ Hos e a guinda, sorteo de produtos.