Os resultados das analíticas da auga das praias do Arnado e do Cocho son favorables e, polo tanto, son aptas para o baño. Así llo trasladou o Sergas á alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, á primeira hora desta tarde polo que o Concello procederá a abrilas desde hoxe mesmo.