Mulleres de Moaña ás portas do Concello no acto polo 8M.

«Neste 2022 as galegas enfrontamos unha fenda salarial dun 19 e o 46,7% das traballadoras cobran menos do SMI. A temporalidade, ocupamos o 76,7% dos traballos parciais, e a precariedade, moitos dos contratos asinados por mulleres duran menos dun mes, converten ás mulleres galegas na face da pobreza no noso país. As nosas pensionistas teñen de media 10 anos menos de cotización que os homes e un 36% das desempregadas non percibe ningún tipo de subsidio por desemprego. As mulleres galegas traballamos ademais no sector dos servizos, o 87% das asalariadas mulleres o están neste sector, que é un dos de maior perda de dereitos laborais o que convirte a conciliación nun papel mollado na nosa realidade diaria. O 20,05% das mulleres estaban en risco de pobreza ou exclusión social en Galiza en 2020 e a cousa non mellora«, con estas palabras reivindicativas da igualdade entre homes e mulleres no ámbito laboral celebraron en Moaña o 8 M o goberno local e as varias decenas de persoas que se concentraron nos xardíns do Concello.

Freire cos concelleiros do goberno no acto do 8M.

A encargada de ler o manifesto foi a tenente de alcalde, Marta Freire, ante a ausencia da rexedora, Leticia Santos, por motivos persoais. Freire, en representación do resto de mulleres, tamén tivo palabras para as súas homólogas de Ucraína «vítimas de conflitos bélicos». Precisamente mañá está prevista una concentración silenciosa en apoio ao pobo ucraniano ás portas do Concello moañés.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *