Os ediles de Normalización Lingüística, Mocidade e Cultura na presentación da programación.

Seguindo coa programación das Letras Galegas, o Concello de Moaña comezará mañá venres, 21 de maio, con novas propostas dos Rechouchíos Seguriños que rematarán cun concerto o mércores 23 de xuño. Haberá contacontos, música, maxia, teatro e monicreques.

Desenvolveranse en distintos espazos ao aire libre seguindo as medidas anticoronavirus vixentes. A capacidade e limitada e o acceso ao espazo comezará alrredor de 20 minutos antes da actividade. Recordan que é obrigatorio o uso de xel hidroalcohólico e de máscara e, ademáis, que o público permanezca sentado na cadeira que se lle asigne. Tanto no recinto acoutado como nas inmediacións, deberase manter a distancia de seguridad interpersonal e ao rematar, sairase de forma graduada e por zonas.

No caso de que vaia mal tempo, todos os espectáculos trasladaranse ao auditorio do centro sociocultural Daniel Castelao, no que está permitida unha capacidade do 30 por cento de aforo como máximo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *