A concellería de Cultura de Moaña, dirixida por Carlos Juncal, crea «Rock&Autor», un concerto en directo programado para o vindeiro sábado no palco da música e de carácter gratuíto ata completar aforo.
Sobre o escenario estarán ITH, Sley& The Mencías e The Broke, tres grupos rockeiros que poñerán moitas marcha á noite moañesa desde as 22:00 horas.
ITH é unha banda galega de rock cuxa música se guía polas influencias de varios grupos de rock, heavy ou pop, influencias que se agrega cada compoñente e que se aglutinan nas súas cancións. Entre os seus traballos destacan “O mínimo que o contén todo” o «Forte».
Sley&The Mencías históricos do rock en O Morrazo, con Sley á cabeza.
The Broke, un grupo de rock, nacido a mediados de 2016, cunha forte presenza vocal e de riffs de guitarra acompañados dunha base rítmica sólida, nun estilo auto definido como “ Broke´ n´ Roll”.