A Asemblea da Agrupación Socialista de Moaña celebrouse esta pasada fin de semana, o venres concretamente. Nela presentouse unha única lista á Comisión Executiva Municipal que obtivo o apoio da Asemblea por aclamación. Mario Rodríguez repite como secretario xeral do PSdeG, Abel Mendaña Alija ocupará a secretaría de Organización, Administración e Formación, Carlos Juncal (concelleiro de Cultura no Concello de Moaña) estará na secretaría de Relacións Municipais e Francisco do Río terá o labor de secretario de Acción Electoral.
Respecto a os órganos supramunicipais, na mesma asemblea se aligió a José Luis Leite como membro do Comité Provincial de Pontevedra, que acompañará así a María del Carmen del Río Abal e Abel Mendaña neste órgano.
Complétanse estes órganos supramunicipais coa presenza de Rodríguez na Executiva Provincial do PSdeG PSOE de Pontevedra, onde asume «o reto de desenvolver o traballo a través da Secretaria de Política Sindical», manifesta o secretario xeral dos socialistas moañeses. Esta última elección produciuse no pasado Congreso Provincial do PSdeG PSOE celebrado o pasado mes de febreiro en Vigo.
Rodríguez agradece, recoñece e valora «moi positivamente o traballo dos compañeiros que nesta nova etapa incorpóranse como membros da Executiva local».