O candidato do PSdeG á alcaldía de Moaña, Mario Rodríguez, coa ministra portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez.

Aínda que non acaba de chegar á secretaría xeral do PSdeG de Moaña, Mario Rodríguez é a primeira vez que deu o paso á fronte para encabezar a candidatura do partido á alcaldía de Moaña. Di, faio con motivación e rigorosidade, arroupado de traballadores e traballadoras que non necesitan a política para vivir.

MN.- Foi o segundo en anunciar a súa candidatura hai xa algún tempo ¿cÓmo o está levando?

MR.- Con ilusión, responsabilidade e moito optimismo. Cando un dar un paso ó frente, ten que estar motivado a tope, non pode ser doutro xeito.

MN.- ¿Qué balance faría do goberno do BNG-PSdeG durante estes oito anos?

MR.- O mellor que lle pasou a Moaña nos derradeiros 8 anos, é que o PSdeG estivera no Goberno Municipal. Os nosos concelleiros foron os garantes da sensatez, a seriedade, a eficiencia e maila excelencia na xestión. Cando o PSdeG non goberna, Moaña non avanza, paralízase. Sucede isto porque hai quen usa as institución para beneficio propio, e hai quen as utiliza para darle publicidade ós seus partidos. Nos levamos no noso ADN que dende as Administracións Públicas, e cando se teñen responsabilidades de goberno, estase para mellorar a vida da xente, para protexer ó máis desfavorecidos, e por riba de todo, para gobernar para tódolos cidadáns sen distinción algunha. Estos oito anos de goberno do PSdeG en Moaña foron fundamentais para a defensa do interese xeral de toda a veciñanza, contribuiron a modernizar á nosa vila e a que o orzamento municipal xestionárase con criterios basaos na xustiza social, na gualdade de oportunidades e no pregreso social dos máis desfavorecidos. A presencia do PSdeG no goberno garante capacidade de xestión, e modera as posición radicais de algúns que somentes gobernan para os seus e que, no lugar de priorizar o interese xeral, buscan a publicidade gratuita a través da acción do goberno. O meu balance, resumindo, é positivo: dende as concellerías socialistas traballouse a reo e materializáronse multitude de proxectos que fixeron grande a Moaña e lograron que todas e todos os veciños avanzásemos en condición de igualdade.

MN.- ¿Qué diría dos outros candidatos (Leticia Santos e Javier Carro)?

MR.- Pois que teñen moitas cousas en común. E o digo polas organizacións políticas ás que representan: tanto o partido da Sra. Santos, como o do Sr. Carro, puxéronse sistemáticamente dacordo para votor NON no Congreso dos Diputadosás medidas de progreso e xustiza social que dende o Goberno de España sometéronse a aprobación na cámara; póñolle 3 exemplos: o NON sistemático os Orzamentos Xerais do Estado que son a pedra angular da acción de gobernoi; o NON á garantía de revalorización das pensións dos nosos maiores conforme o crecemento dos precios, que fixo que más de 5.000 moañeses e moañesas que cobran pensión pública verán cómo dende o mes de xaneiro éstas subían un 8,5%; e o que doleume a min persoalmente foi o voto NON á contrarreforma laboral do goberno do Partido Socialista, que supuxo entre otras cousas, o fomento da contratación indefinida, a posta en valor da negociación colectiva e a protección de todos e todas as traballadoras. Logo dirán eses temas non interesan ós moañeses e ás moañesas, que temos que falar de política local, etc. Pero o que me gustaría trasladar a toda a veciñanza é que esasa cuestión, as que tanto o BNG como o PP votaron NON, son o día a día dos veciños: máis de 5.000 moañeses veron incrementadas a súas pensións nunha media de 1.200 € ó ano, grazas ás políticas do PSOE; centos de veciños e veciñas xóvenes saíron da precariedade laboral que significaban os contratos por obra e servizo, grazas ó PSOE; a totalidade das familias de Moaña véronse beneficiadas polo incremento histórico das becas posto enriba da mesa polo PSOE. En fin, podería seguir enumerando cuestións ata mañá… En definitiva, parécense demasiado. A única forza política que vai concurrir ó proceso electoral en Moaña moderada, moderna, con percorrido profesional, con capacidade de xestión, e que está á procura de mellorar o día a día de todas e todos, sen intereses ocultos e sen hipotecas con ninguén somos o PSOE de Moaña. O partido da xente.

«Nin eu, nin ningún outro integrante da niña candidatura dará pé a que exista o máis mínimo anaco de tensión»

MN.- ¿E das súas candidaturas?

MR.- Non vou opinar da composición de ningunha outra candidatura, paréceme una falta de
educación. O que sí lle podo dicir é que a que eu encabezo está formada na súa totalidade por traballadores e traballadoras de distintos sectores, de tódalas idades, por vesiñas e veciños de Moaña, comprometidos cos ideais e progreso e xustiza social, que defende o Partido Socialista. Presentamos ós veciños a mellor candidatura que concurre ó proceso, con formación, experiencia profesional, con capacidade de xestión. Todas e todos temos a nosas profesión ó marxe da política. Ningún vimos á política a buscar un traballo (xa temos os nosos), facémolo porque queremos que os nosos maiores, os nosos fillos, todas e todos os veciños vexan incrementada a súa calidade de vida e vexan cómo, con profesionalidade, seriedade e empatía, propoñeremos solución ós problemas que nos plantexen. Concurrimos para facer mellor ó noso pobo, para que os nosos fijoos non teñan que emigrar, para que Moaña sexa un lugar de oportunidades para todos e todas.

MN.- ¿Cre que esta precampaña xa prevé unha campaña tensa?

Eu penso que debemos fomentar o diálogo constructivo, a aportación de ideas e procurar o crecemento do benestar entre veciños. Nin eu, nin ningún outro integrante da niña candidatura dará pé a que exista o máis mínimo anaco de tensión que non teña que ver coas lexítimas discrepancias políticas e cos proxectos e obxetivos que propongamos ós veciños. A candidatura Socialista representa a moderación, a educación e as ganas de construir en positivo e de gobernar para todos e todas, independientemente da súa orixe, relixión, cor de pel, ou ideas de cada un. E espero que os demáis fagan o mesmo. Entendo que todos nós somos persoas respondables. Nós non vimos á política para crispar, vimos para construir.

MN.- ¿A quen estaría a destruir?

MR.- Insisto. Nós nos vimos para culpar a ninguén de nada. Vimos para construir. E criticaremos dende a lexítima discrepancia política, as cuestión coas que non estemos dacordo; esto sí que farémolo contundentemente, pero dende o uso das verbas e a utilización do senso común, a educación e a forza da razón.

«se somos os máis votados, gobernaremos para todos, se deciden poñernos na oposición, estaremos na oposición»

MN.- Aínda que é lóxico que o seu obxectivo sexa o da maioría, ¿estaría disposto a volver facilitarlle o goberno outra vez ao BNG, en caso de darse a circunstancia?

MR.- Nós saímos a ganar e a acadar una mayoría absoluta, que nos permita gobernar sen ligaduras con ninguén. Gobernaremos para todas e todos con obxetivo de construir benestar. O PSOE ten 144 anos de historia e neste tempo estivemos a defender a Igualdade e a Xustiza Social, e sempre desde o lugar no que nos puxeron os cidadáns. Somos un partido con clara vocación de goberno. Asumiremos, como non pode ser doutro xeito, o lugar no que nos coloquen os veciños: se somos os máis votados, gobernaremos para todos, se deciden poñernos na oposición, estaremos na oposición. O pobo falará nas urnas e diranos ónde debemos estar. Esta é a niña opinión.

MN.-¿E ao PP?

MR.- Insisto na resposta anterior. E voulle dar outro dato: a liña política do grupo Municipal
a marca o órgano soberano que é a Asamblea de Militantes. Respetaremos a decisión do noso órgano soberano, somos una organización democrática.

MN.- ¿En calquera caso, entraría a formar parte do goberno?

MR.- Se somos os máis votados, gobernaremos, é a nosa responsabilidade. E o noso obxetivo é: gañar, gañar e gañar. Gañar as elección. É una candidatura formada por traballadores e traballadoras de distintos sectores, por pequeños empresarios, feminista, integradora e comprometida coa Igualdade e Xuztiza Social.

MN.- Encabeza por primeira vez a candidatura ¿qué proxecto ten para Moaña?

MR.-Queremos convertir a Moaña nun actor de éxito do século XXI, nun Concello que xenere oportunidades para todas e todos os veciños, que coide dos seus maiore, que fomente a concilición e no que ningún veciño se quede atrás.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *