A Policía Local de Moaña incerceptó nun control rutineiro na tarde de onte a un veciño, de 46 anos, portando no maleteiro un capacho con 19,5 kg de vieira e material deportivo para mergullo. O home, que se atopaba mollado e visiblemente nervioso, tamén conducía un vehículo que carecía de seguro e ITV.
Os axentes incautáronlle a vieira, que se trasladou a IMTERMAR para analizar se ten toxina, e instruíron dilixencias ao condutor por un delito de furtivismo e outro contra a seguridade pública.