Vista aérea de Marín.

Estes días rematouse por parte do Concello de Marín a instalación dunha nova rede wifi pública, MarínConecta, que estará dispoñible en aberto para toda a cidadanía sen contrasinal.
Tal e como explicaron os servizos técnicos municipais, o que queira utilizada só terá que conectarse a ela e aceptar as condicións de uso.

Estas son as instalacións que contan con wifi pública «MarinConecta»:
* Praza de Abastos (4 accesos wifi).
* Pavillón de A Raña (4 accesos wifi).
* Pavillón de Sequelo (2 accesos wifi).
* Pavillón a Cañota (1 acceso wifi).
* Museo Manuel Torres (2 accesos wifi)
* Biblioteca Municipal (3 accesos wifi)
* Espazo Emprendedor (1 acceso wifi)
* Casa de cultura de Seixo (1 acceso wifi)

Ademais, pensando nas asociacións, instalouse unha wifi común con contrasinal nos seguintes locais municipais:
* Local Asociacións de Mendez Nuñez
* Local Antiga Aula de Música
* Cámara Agraria
* Trompos os Pes

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *