Alcaldesa e concelleira na presentación dos eventos.

Dous concertos o venres, o San Migheleiro e a Milla o sábado, e o Día de San Miguel o domingo, coa súa danza e a tradicional Xuntanza de Laboreras, completan unha programación intensiva no municipio

As fitas de cores brancas, azuis e vermellas e unha escultura feita polo escultor Marcos Mariño decoran desde hai semanas a vila marinense para a celebración o 29 de setembro do gran Día de San Miguel e a súa Danza de Espadas, unha festa de interese turístico de Galicia que foi presentada pola alcaldesa, María Ramallo, a concelleira, Marián Sanmartín, e a vicepresidenta do Ateneo Santa Cecilia, Isabel Martínez Epifanio.

Pero ademais dos propios actos do domingo, xa desde mañá, Marín será un fervedoiro de actividades. O venres, o punto de encontro será a Alameda, co concerto da Banda de Musica de Marín ás 19.30 horas e o do grupo musical Blue Merrow despois, a partir das 21.30 horas.

San Migheleiro

O sábado será a celebración do San Migheleiro, tradicional festa organizada pola hostalaría de Marín nas rúas e prazas e onde todos e todas as marinenses visten a súa camiseta de raias.

O Concello marcou unhas normas comúns para os locais que solicitaron poñer música na rúa, que consisten en conceder un máximo de catro horas por local, respectar a franxa horaria entre as 15.00 e as 17.00 horas e non rematar máis tarde das 02.00 horas.

Deste xeito, así son os horarios repartidos entre os establecementos que solicitaron a autorización ao Concello para poñer música:
● KLEE: 12.00 – 14.00 e 22.00 – 00.00 horas
● MASK: 12.30 – 15.00 e 17.00 – 18.30 horas
● CENTRAL: 13.00 – 15.00 e 22.00 – 00.00 horas
● CARBALLINÉS: 17.00 – 21.00 horas
● FAVORITA: 17.00 – 21.00 horas
● REAL: 19.00 – 23.00 horas
● ROYALTY: 18.30 – 22.30 horas
● DELUXE: 17.00 – 21.00 horas
● KNOBBE / POLYMNIA: 22.00 – 02.00 horas
● UNDERGROUND: 21.00 – 01.00 horas
● AS VIDES: 22.00 – 02.00 horas
● BAILONA: 17.00 – 21.00 horas
● TAXI: 22.00 – 02.00 horas
● IN MARE: 22.00 – 02.00 horas
A maiores, tal e como explica o Concello, “moitos outros locais participan poñendo música no interior dos seus establecementos, así como coa colocación de barras ou espazos para cociñar nas súas fachadas: Pilaro, Nao, Casino, Construmar, Cantina del Muelle, Angostura… entre outros.

Ademais, o Concello porá animación musical con charangas e batucadas no seguinte horario:

  • De 11.00 a 13.00h – Charanga Noroeste
  • De 13.00 a 15.00h – Batukada Axé Bahía
  • De 17.00 a 19.00h – Charanga OT
    Milla Urbana
    O día rematará co atletismo, que sempre foi vencellado á celebración do San Miguel. A XXV Milla Urbana volverá facernos desfrutar a partir das 18.00 horas por toda a Avenida de Ourense e a Praza de España.
    Actos do Día de San Miguel
    Por outro lado, o Concello fixo pública a programación específica do propio Día de San Miguel, que será da seguinte maneira:

● 11.00h. Acto Solemne do Padroado de San Miguel, coa entrega das distincións de Cofrades de Honra, a imposición das Espadas de Ouro e Prata e o nomeamento de novos/as Cofrades Numerarios. Salón de Plenos do Concello
● 12.00h. Misa Solemne en honra do patrón San Miguel. Templo Novo.
● 12.45h. Procesión e baile da Danza das Espadas. Rúas de Marín, ata o
Templo Vello
● 13.45h. Queima de Madamitas. Praza de España
● 14.00h. Ofrenda floral. Praza do Reloxo
● 18.30h. Baile da Danza de Espadas. Inmediacións da Alameda Rosalía de
Castro
● 19.00h. Actuación musical. Palco da Música da Alameda.

XVI Xuntanza de Laboreras

Por último, pero non menos importante, temos a XVI Xuntanza de Laboreras que organiza cada ano polo 29 de setembro a Asociación Bolymar, que reunirá a centos de personas afeccionadas a este labor artesanal e cheo de tradición na nosa comunidade autónoma.

Poderá visitarse de 10.30 a 14.00 e de 16.30 a 19.00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *