Abrirá o parking do Porto, ampliaranse os horarios de autobuses, instalaranse Puntos Violeta e haberá franxas sen ruido nas atraccións
O Concello de Marín xa ten todo preparado de cara á celebración das Festas do Carme, con varios avisos importantes para a cidadanía e para as persoas que nos visitan:
Habilitarase un espazo de aparcamento no Porto os días 7 e 8 e do 12 ao 16 de xullo dende ás 21:00 horas.
Ampliaranse os horarios de autobuses
Tal e como se ven facendo nos últimos anos, a través da empresa Monbus ampliaranse os horarios de autobuses entre Pontevedra e Marín os días 13, 14, 15 e 16 de xullo, de tal xeito que quedarán así:
● Saídas de Pontevedra:
○ 0:00 hrs
○ 1:00 hrs
○ 2:00 hrs.
○ 3:00 hrs.
○ 4:00 hrs.
● Saídas de Marín:
● 00:30 hrs
● 1:30 hrs.
● 2:30 hrs.
● 3:30 hrs.
● 4:30 hrs.
Instalaranse Puntos Violeta nas datas máis sinaladas
Nos días con eventos de maior envergadura, haberá Puntos Violeta coa finalidade de loitar contra a violencia machista, habilitando un espazo seguro para as mulleres, ao que poderán acudir en caso de calquera situación que desexen compartir ou denunciar e tamén con información divulgativa relevante en contra de comportamientos contrarios á igualdade de xénero e á protección das mulleres.
Habilitaranse o 7 de xullo, durante o concerto de Abraham Mateo; o 8 de xullo, polo Marín Dance Festival; o 12 de xullo, co Combo Dominicano; o 13 de xullo, polo espectáculo da París de Noia; o 14 de xullo, durante o concerto de Furia Joven; o 15 de xullo, coa orquesta Galilea; o 16 de xullo, coa Orquesta Kubo, e finalmente de cara a agosto, o día 16 pola Festa Corsaria.
Restricións horarias acústicas das atraccións pensando nas persoas con discapacidade
Coa fin de que estas festas sexan igualitarias e inclusivas para todos e todas, o Concello limitará tamén acústicamente as atraccións para que os nenos e nenas con discapacidade poidan desfrutar do mesmo xeito ca os demáis.
Desta maneira, as emisións acústicas acústicas deberán limitarse ata as 21.00 horas.