As concelleiras e os membros da Asociación na reunión para falar do San Xoán.

Permitirá fogueiras privadas ainda que con restriccións e previa solicitude no Concello ata o 21 de xuño. Pola contra, queda prohibido facer cacharelas na praia

O Concello de Marín volverá acoller un San Xoán adaptado ás circunstancias sanitarias, pero co obxectivo de que esta tradición siga viva, permitindo que a veciñanza goce dela e poida recibir o verán. Deste xeito, a concelleira Marián Sanmartín explicou que a nivel de fogueiras públicas non só se realizará o foleón de Cantodarea, organizado pola Asociación de Amijos e Vesiños de Cantodarea, a cuxos representantes recibiron esta semana a concelleira Sanmartín e a de Turismo, Cristina Acuña, con fin de pechar determinadas cuestións relacionadas coa organización. Tamén poderán facerse outras públicas que reciban a aprobación do Concello.

Levaranse a cabo ás 00.00 horas da noite de San Xoán, “con todas as medidas de seguridade, con controis policiais específicos para evitar aglomeracións e sen postos de comida fóra”. Tal e como explicou a edil non se poderán asar sardiñas nin ningún tipo de alimento, “pero a xente si poderá gozar da comida e da bebida dos nosos establecementos de hostalaría, que tamén precisan do noso apoio”.

Fogueiras privadas e públicas

As fogueiras privadas e públicas permitidas, pero con determinadas normas de uso, deben cumprir o seguinte:
● Estará prohibido levar a cabo cacharelas sobre as vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes, baixo tendidos eléctricos e telefónicos.
● As cacharelas terán que gardar unha separación mínima de 12 metros lineais coa vexetación, casas e edificios máis cercanos.
● A súa altura máxima será de 14 metros e o diámetro da zona de combustión de 6 metros de ancho.

● Para a combustión, só poderán empregarse leña, ramas, troncos de árbores ou calquera material de madeira, quedando prohibido empregar materiais inflamables
como pneumáticos, plásticos, latas, botellas de vidro ou materiais de PVC.
● Tamén se prohibe botar ás cacharelas aerosois (aínda se están baleiros), aceites, líquidos combustibles e calquera substancia explosiva.
● As persoas que asistan non se poderán situar nunha área de diámetro similar á altura do pau central da cacharela. Queda prohibido facer cacharelas na praia.
● As persoas organizadoras das fogueiras, deberán ter coñecemento dos télefonos de contacto necesarios no caso de que xurda algún accidente. Lémbrase que o teléfono de emerxencias é o 112.
● Debido á normativa aplicable á covid-19, o solicitante deberá responsabilizarse do cumprimento das normas establecidas en canto á seguridade e medidas específicas sanitarias.

Mediante estas normas, de obrigado cumprimento, o Concello pretende garantir a protección e seguridade das persoas que participen nestas festas de grande tradición no noso país, facendo compatible a diversión coa seguridade de toda a cidadanía.

Para poder solicitar a autorización para a fogueira, será preciso encher o formulario que se atopará na web municipal e presentalo pola sede electrónica ou de xeito presencial, para o que é preciso pedir cita previa.

O prazo para presentar a solicitude comeza o luns e rematará o 21 de xuño.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *