Presentación dos premios no Concello de Marín.

A gala de entrega será na Escola Naval Militar o venres 24 de novembro. O prazo para presentar candidaturas xa está aberto para xóvenes empresarios e emprendedores menores de 41 anos

A cultura do emprendemento, a innovación, o liderazgo empresarial e a xeración de emprego son patrimonio da poboación xoven. Así o entende AJE Pontevedra e a concellería de Promoción Económica de Marín, que anunciaron que a nosa vila, concretamente a Escola Naval Militar, será o enclave decidido pola asociación empresarial para celebrar o próximo 24 de novembro o seu XXVI Premio Empresarix do 2023, para o que se abrirá desde esta tarde o prazo de presentación de candidaturas.

Na presentación estivo a alcaldesa, María Ramallo, así como a concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez. Por parte de AJE Víctor Riobó, vocal da directiva; Ceferino Nogueira, tesoreiro; Enrique Torres, xerente, e María Buceta, presidenta, así como o director de arte da empresa de publicidade que deseñou a imaxe do premio, Andrés Froiz. O premio ten por obxectivo recoñecer e premiar o labor daqueles emprendedores e xóvenes empresarios que, co seu esforzo e adicación, contribúen día a día a crear riqueza e emprego na nosa provincia.

Esta edición, que se celebrará na nosa vila, componse de dúas categorías: o premio Xove Empresarix 2023 e Iniciativa Emprendedora 2023, cada unha delas dotada dun cheque económico para gastos de consolidación de 500 euros, un ordenador persoal, un cheque de 6.000 euros en formacións de Galicia Business School e un ano de afiliación gratuíta en AJE. Ademais, haberá dúas mencións de honra, unha en Innovación e outra en Responsabilidade Social Empresarial. Neste caso, o premio de cada unha consistirá nun ipad, un cheque de 2.000 euros en formacións da Galicia Business School e 6 meses de afiliación gratuita a AJE.

Poden presentarse á candidatura todos aqueles xóvenes empresarios e emprendedores menores de 41 anos e cuxa iniciativa empresarial estea constituida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022. Toda a información e as bases poden consultarse na páxina web de AJE e o prazo rematará o 19 de novembro.

Buceta quixo recalcar “a importancia que ten para nós precisamente facelo en Marín, porque é o concello da contorna que máis nos ven apoiando e colaborando con nós”. Unha idea que reforzou a alcaldesa, que lembrou que “levamos varios anos colaborando con AJE, que son ademais os que se encargan da xestión do Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria do Parque Azul, ao que queremos darlle aínda máis pulo e máis movemento”, asegurou.

Ramallo quixo facer unha chamada de atención “sobre a importancia que ten o talento na nosa provincia. Sempre que asisto a edicións destes premios quédome abraiada da cantidade de persoas mozas que apostan por unha saída profesional innovadora, aportando valor á nosa economía e xerando unha riqueza que non podemos desaproveitar, senón apoiar e visibilizar”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *