A alcaldesa e a concelleira no paseo.

Co obxectivo de poder dinamizar este entorno recentemente renovado durante a época estival, á falta de ter unha concesión definitiva, o Concello lanza unha licitación para as persoas que estean interesadas en explotar este local en réxime de alugueiro durante seis meses

O Concello de Marín informou esta mañá das xestións que se están a realizar para poder dinamizar a punta do muelle, recentemente renovada coa remodelación do Paseo Alcalde Blanco, poñendo en marcha o novo local de hostalaría que se creou con este proxecto.

Aínda que o obxectivo final é poder sacar adiante unha concesión a máis longo prazo para a explotación deste espazos, o obxectivo é agora articular unha licitación que permita que este local xa entre en funcionamento durante os meses de época estival que están á volta da esquina.

Tal e como informou o Concello, xa está aprobado o expediente para iniciar esta licitación, así como o prego de condicións que regulan a contratación. Licitarase a explotación do local durante seis meses, sen posibilidade de prórroga, e por un alquiler mensual mínimo de 203,49 euros.

Esta licitación está publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público e estará aberta durante 10 días naturais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *