Estado do entorno do CEIP Carballal de Marín.

A execución das obras realizarase grazas a unha axuda da Deputación de Pontevedra e suporá a reorganización dos espazos, a mellora dos usos entre o tráfico rodado e o peonil e a instalación de reductores de velocidade, entre outras actuacións

Máis seguridade viaria e unha aposta firme pola mobilidade. Eses son os eixos sobre os que pivota o novo proxecto para o que o Concello vén de acadar financiación grazas a unha axuda da Deputación de Pontevedra e que consistirá na renovación do pavimento do entorno do CEIP do Carballal. Esta obra, que ten un prezo base de licitación de que supera os 58.500 euros, beneficiará ao vial perimetral do centro educativo, actuando sobre 3.200 metros cuadrados de superficie.

Tal e como se pode ler na memoria do proxecto, “trátase dunha actuación moi importante, pois é o itinerario obligado de acceso ao centro escolar. Suporá unha mellora significativa en canto á seguridade viaria e á ordenación do tráfico rodado e peonil, cunha nova distribución dos espazos da vía”.

Actualmente, o estado do vial é desordenado, cun pavimento na calzada en mal estado, un tipo de estacionamento de vehículos desorganizado e cun itinerario peonil escasamente sinalizado. Así, rehabilitarase o pavimento do firme da vía, implementarase itinerarios peonís seguros, colocaranse reductores de velocidade en puntos estratéxicos que contribúa ao calmado de tráfico no entorno do centro e renovarase a sinalización horizontal e vertical. Ademais, realizarase unha limpeza e desbroce das marxes e das cunetas.

Unha vez acadada a financiación do ente provincial, será o momento de iniciar o expediente para a contratación das obras que, unha vez iniciada a súa execución, terán unha duración dun mes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *