A Xunta de Goberno Local desta semana deu luz verde á contratación do servizo de limpeza das fosas sépticas das que dispón o Concello nas praias, que son concretamente unha en Portocelo, outra en Mogor, tres en Aguete e unha no Santo, así como no Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor e na baixada á praia de Aguete.
O prazo de execución do contrato, tal e como se pode ler na memoria xustificativa, é durante os anos 2023, 2024, 2025 e 2026, con posibilidad de prórroga dun ano máis, a desenvolver dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro.
A necesidade desta contratación vén dada pola esixencia do Concello de protexer a salubridade pública, sendo preciso nestes meses en que a afluencia de persoas, tanto residentes como foráneos, nas praias aumenta exponencialmente, sendo preciso levar a cabo unha limpeza e baleirado destas fosas dun xeito constante.