As ilustracións utilizadas no vídeo son as do cómic que se editou o pasado ano sobre a historia do heroe marinense, que se poderá descargar íntegro na web do Concello

Hoxe cúmprense 211 anos da liberación da vila de Marín das tropas napoleónicas, grazas á heroica intervención das coñecidas como Alarmas do Morrazo, pelotóns de paisanos da
vila que, capitaneados por Gago de Mendoza, asaltaron o Forte de San Fernando, ocupado
polos franceses, que libraron unha batalla con eles na que recuperaron Marín.

Esta data, que xa forma parte da historia da nosa vila, sempre é conmemorada con actos de memoria organizados conxuntamente polo Concello e Ademar (Asociación Para A Defensa de Marín), pero debido á crise sanitaria do Covid19, este ano toca rememorar esta fazaña histórica dos marinenses dun xeito diferente.

Por iso, o Concello ideou un vídeo explicativo da historia de Gago de Mendoza, pensado
para adultos pero tamén para nenos, que utiliza as ilustracións do cómic deseñado por Era
Comunicación o ano pasado e que sirve como material didáctico nos centros educativos
da vila, nos que este mesmo ano, a principio de curso, se realizaron visitas teatralizadas
coas que achegar máis á cativada a figura deste heroe de Marín.

A peza audiovisual poderá verse tanto nas redes sociais oficiais do Concello coma na
canle de Youtube. Ademais, para poder amenizar o confinamento, colgarase de maneira
íntegra o cómic completo no que se basea o vídeo na páxina web municipal, para que
poida ser descargado e utilizado polas familias para pasar un bo rato aprendendo sobre a
un dos acontecementos históricos máis sinalados da vila.

Esta iniciativa enmárcase dentro da actividade “En Marín, #ACulturaSegue”, impulsada
pola Concellaría de Cultura, para poder achegar ás casas dos marinenses a cultura da
localidade namentres dure o confinamento e o estado de alarma.

O primeiro vídeo que se realizou centrou o seu contido na figura de Manuel Torres, dado
que este 2020 celebrábase o Ano Torres, en conmemoración do 25 aniversario do
falecemento deste gran artista local. Esta temática centrará outras das pezas audiovisuais que se están a preparar, para seguir así afondando na vida e na obra do pintor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *