Trompos os Pes en años anteriores. Foto: TROMPO OS PES.

O Concello de Marín conmemorará este ano o Día de Galicia, 25 de xullo, que non poderá ser coma outros anos debido ás medidas relacionadas coa crise sanitaria da Covid19.
Deste xeito, o tradicional reparto de bandeiras de Galicia que se realiza sempre por esta
data será substituído nesta ocasión pola elaboración dunha peza audiovisual, que se
compartirá nas redes sociais do Concello, na que conmemorar o 25 de xullo dos últimos
anos, recompilando fotos antigas das celebracións.

Por outra banda, tampouco será posible celebrar do mesmo xeito ca outros anos a romaría de Trompos os Pés. Así a todo, a agrupación tradicional si que estará presente, cunha actuación a partir das 21.00 horas na Alameda e nas inmediacións. Nela interpretarán o himno galego e outras cancións, tanto na mesma Alameda como nas rúas de arredor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *