Acto de presentación esta mañá na Alameda.

Marín acolleu esta mañá a presentación na Alameda dunha nova edición da Carreira +10 Manuel Rosales, que terá lugar mañá na vila.

A proba absoluta desputarase ás 22.00 horas e terá saída desde a Avenida de Ourense e chegada á Rúa Almuíña. O percorrido terá unha distancia de 10 quilómetros totalmente planos e sen desniveis.

As categorías escolares, que non serán competitivas, comezarán ás 20.40 horas. No resto, haberá premios para os tres primeiros de cada categoría.

Participarán, ademais, Jesús España, campión de Europa de 3.000 e Jorge Blanco, campión de España de maratón en 2022.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *