Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades

O Concello de Marín programou unha axenda para celebrar o Día das Letras Galegas durante todo o mes. Con esta programación o concello alenta a participación de todos os cidadáns a pasar un bo rato ademais de aprender promovendo o galego entre a xente moza.

Dita programación será:
3 de Maio
Este día ás 14.00 horas remata o prazo de presentación dos traballos para o XXII Concurso de Poesía.
Todas as bases para participar poderanse atopar na páxina web do Concello de Marín. (https://www.concellodemarin.es/concurso-poesia-dia-letras-galegas/)

7, 9 e 11 de Maio
Ao longo destes días realizarase unha aula de creación literaria “Proxecto Legado”, da man da xornalista e escritora Elena Gallego, que terá lugar na Biblioteca Municipal Vidal Pazos de Marín.
A inscrición previa será na mesma biblioteca, a través do mail bibliotecamarin@telefonica.net

17 de Maio – Día das Letras Galegas
Dende ás 10.00 ata ás 12.00 horas terá lugar no Museo Manuel Torres, antes do acto institucional, un Obradoiro de Lettering “Debuxando Verbas”, no cal María Sancho ensinará unhas técnicas básicas de caligrafía para deseñar textos dun xeito bonito.

Este obradoiro conta cun aforo limitado polo que o prazo de inscrición queda aberto dende hoxe. As inscricións deberanse facer a través do mail prensa@concellodemarin.es, onde se deberá indicar o nome completo e o número de teléfono. Todas estas deberán estar presentadas antes do xoves 16 de maio ás 14.00 horas. Terán preferencias todas aquelas persoas menores de 18 anos.

Ás 12.00 horas terá lugar o acto institucional contado coa colaboración dos centro educativos ademais disto realizarase a entrega do premio de 1.000€ ao gañador/a do XXII Concurso de Poesía. Todo esta acto terá lugar no Museo Manuel Torres de Marín. A entrada é totalmente libre para todas as persoas que desexen asistir.

O Concello quere que os centros educativos sexan unha parte central deste acto. Por iso, aqueles que queiran participar poderán facelo coa grabación dun vídeo de máximo 2 minutos no que trasladar a toda a cidadanía un resumo das actividades que farán para promocionar entre o alumnado esta data tan relevante para a literatura galega e que serán proxectados durante o acto.

Cada centro participante comprométese a que un representante (alumno/a, mestrado, ANPA…) participe no acto, subindo tras a proxección e lendo un pequeno poema de Luísa Villalta. Aos que participen, entregaráselles unha asignación de 150 euros para contribuir ao gastos dunha actividade cultural e un exemplar dun libro de Luísa Villalta para os fondos da biblioteca escolar.

Terán que inscribirse antes do venres, 10 de maio, ás 14.00h a través de prensa@concellodemarin.es e o envío de vídeos será ata o 16 de maio, ás 19.00 horas, a través do mesmo mail.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *