O Concello confirma que debido á evolución actual da crise sanitaria non haberá ningún tipo de acto festivo para celebrar a Virxe do Porto e o Día de San Miguel. Esta confirmación únese á xa anunciada e responsable cancelación por parte do Padroado de Santa Cecilia da Danza das Espadas, debido á imposibilidade de que esta tradición poida ser desfrutada como merece pola necesidade de manter as medidas de prevención e seguridade.

Aínda así, a Goberno local de Marín está a traballar nunha “celebración” alternativa, que aposte polo audiovisual e polo material de divulgación histórica sobre estas festas, utilizando como vehículo as redes sociais e as novas tecnoloxías.

Así o adiantaron fontes municipais, que aseguran que esta é a decisión máis responsable e adaptada á situación que se está a vivir nestes momentos na nosa comunidade e no noso país en relación coa progresión da pandemia do coronavirus.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *