Un grupo de comerciantes de Marín sairon hoxe á rúa a protestar polo prezo da electricidade que consideran «inasumible». A marcha partiu da Alameda ás 19:30 horas e resultou todo un éxito. O Concello anunciou hai uns días que apoiaba a protesta e varios concelleiros do goberno local estiveron presentes na concentración. Tamén se sumaron outros autónomos, emprendedores, propietarios de negocios e veciños en xeral indignados polo custo da luz que, sumado a outras cuestións, sitúaos nunha complicada situación económica.