Loito en Marín

Mar 19, 2022
Os Reis xunto ao resto de autoridades esta tarde na misa funeral polas víctimas do Vila de Pitanxo. FOTO: @ppdegalicia

As súas Maxestades Don Felipe e Dona Leticia acudiron esta tarde ao funeral colectivo en recordo aos 21 falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo, 12 deles aínda desaparecidos. Xunto a eles, o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a alcaldesa de Marín, María Ramallo e numerosas autoridades locais e autonómicas. Todos eles quixeron arroupar ás familias neste duro momento, incluso os Reyes reuníronse previamente cos doentes para escoitar de primeira man as súas peticións. Foi no colexio Inmaculada Concepción situado fronte á igrexa.

A cerimonia, oficiada polo arcebispo Julián Barreiro, foi seguida por numerosos veciños, tanto dentro do templo como tamén desde a pantalla instalada na praza exterior.

Un cartel recordou ás víctimas coas súas fotos. FOTO: @ppdegalicia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *