A Alcaldesa e as concelleiras presentando a marca de Marín.

Os datos aportados pola Oficina de Turismo de xullo constatan que a vila é unha descuberta para moitos turistas que a escolleron para pasar as súas vacacións por primera vez

No mes de xullo foron cerca de 450 as persoas que fixeron uso dos servizos da Oficina de Turismo de Marín, a meirande parte deles, o 88%, procedentes doutras comunidades autónomas, o que nos indica a relevancia que ten o turismo nacional no noso concello. Pola súa parte, os galegos representan o 9% dos visitantes e os estranxeiros, o 3%.

Dentro do turismo nacional, as comunidades que máis visitan Marín son Madrid, Castela e León e Andalucía, seguidas por Extremadura, País Vasco e Cataluña. En canto ao exterior, que foi un visitante máis residual, destacan as localizacións de Italia, Países Baixos e México.

O tipo de turista que adoita visitar a Oficina de Turismo son persoas adultas, de entre 35 e 60 anos (40%), que veñen tanto en parellas como con nenos. O seguinte grupo máis relevante é o dos maiores de 60 anos (28%), que soen vir en parellas atraídos polas temperaturas agradables das Rías Biaxas, a nosa contorna e a gastronomía. En canto á distribución por sexo, contabilizáronse 207 mulleres fronte a 213 homes.

Estancias de máis de 7 días

Para analizar aos visitantes, é importante distinguir entre os turistas (aquelas persoas que pasan alomenos unha noite fóra da súa residencia habitual) e os excursionistas (que non pernoctan).

O 95% dos visitantes de Marín son turistas, é dicir, que polo menos se aloxaron unha noite na nosa vila. As dúas opcións de aloxamentos máis comúns foron os hoteis (37% dos enquisados) e os apartamentos turísticos (34%), seguidas das casas de familiares ou amigos e de xeito máis residual, a caravana e o turismo rural.

O tempo medio da estancia que soen pasar os turistas no noso municipio é de 7 a 15 días, e a primeira opción que os motiva para visitar a nosa vila é o ocio (79%), seguido dos eventos que ofrece Marín durante o verán (9%).

Un 80% de novos turistas

Un dos datos máis relevantes que se extrae do informe elaborado pola Oficina de Turismo é que o 80% dos enquisados non coñecían a nosa vila, polo que é a primera vez que a teñen en consideración como o seu destino para pasar as
vacacións.

Segundo destaca o Goberno local, “isto é unha evidencia de que a nosa vila está a reforzarse coma un destino turístico de calidade, seguro, con grandes opcións de ocio e de cultura, que permite pasar unha tempada do ano agradable, con estancias medias e longas que redundan nunha importante inxección económica para a vila, beneficiando a todos os sectores, especialmente ao comercio e á
hostalaría”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *