O primeiro andar da Casa do Mar será reformada grazas á cofinanciación de Política Social e á aportación de fondos propios procedentes do remanente de Tesourería
A Xunta de Goberno Local aproba unha das adxudicacións máis relevantes en materia de atención social na nosa vila nos últimos anos. A empresa Coviastec será a encargada de executar as obras de reforma da primeira planta da Casa do Mar, que pasará a converterse nun Centro de Día público, gratuito y pensado para ofrecer un servizo de calidade á poboación da terceira idade de Marín.
Esta obra, que suporá unha inversión de case 240.000 euros, estará cofinanciada en algo máis dun 66% pola Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
A aportación que se corresponde cos fondos propios do Concello, que ascenderá a 100.000 euros, farase con cargo ao Remanente de tesourería do Concello, xa que o Goberno local o considera unha inversión esencial para a vila.
Un espazo moderno e funcional para a poboación de Marín
A Casa do Mar foi cedida ao Concello por parte da Tesourería da Seguridade Social co obxectivo de garantir, por parte do Goberno municipal, a cobertura pública da asistencia da terceira idade.
Con estas obras de acondicionamento, está previsto dotar ao futuro Centro de Día dunha ampla sala de usos múltiples, así como doutras dependencias: un espazo de rehabilitación, outro para o lecer, cociña e lavandería. O prazo de execución da obra será de 8 meses.