Investiranse 75.000 euros. Ademais desta inversión, está a contratación de todas as estacións decorativas, así como as carpas de Engado Marín e todas as actividades da programación do Nadal
O Nadal Marín será alumeado pola empresa Tecmodeco e estará acendido desde o venres 1 de decembro, día fixado para estrear a decoración navideña na nosa localidade. Así o informou esta mañá o Goberno local, que explica que o orzamento de licitación foi de 75.000 euros, a mesma contía ca o ano pasado.
O obxectivo da contratación é o arrendamento, instalación, mantemento e desmonte das luminarias, así como os seus soportes e ancoraxes, que farán que as rúas e prazas de Marín respiren ambiente de Nadal.
Para a adxudicación do alumeado de Nadal tivéronse en conta as propostas económicas, pero tamén criterios de calidade e de experiencia de prestación deste servizo. Ademais, valorouse de xeito principal a utilización de tecnoloxías que permitan o aforro enerxético e a sostibilidade medio ambiental.
Ademais desta inversión, o Concello fai outra importante aposta polas estacións decorativas, que veñen a completar á iluminación para engalanar Marín, así como nas carpas Engado Marín e todas as actividades que entran dentro da programación municipal.