A concelleira coa directora na biblioteca celebrando a xornada.

A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, estivo coa directora da entidade, que no que vai de 2023 creceu en 114 persoas socias, que poden desfrutar das vantaxes de selo en todas as bibliotecas de Galicia

A lectura, os libros, as verbas, a poesía, as historias narradas xeración tras xeración… Todo iso forma parte da nosa existencia e do que somos como persoas e como sociedade. E hai lugares, como as bibliotecas, que son o faro, o custodio dese acervo infinito que nos permite seguir desfrutando e descubrindo.

Hoxe celébrase o seu día, o Día das Bibliotecas, e a concelleira de Cultura, Marián Sanmartín acudiu á da nosa vila para coñecer de primeira man a evolución da súa traxectoria, entre os últimos lanzamentos de Yolanda Castaño, Berta Dávila ou María Reimóndez, entre outros escritores e escritoras.

A día de hoxe, a Biblioteca conta con 12.230 socios, dos cales 131 foron de nova suscripción no 2022 e xa se vai polos 114 novos abonados no que vai de ano. Tal e como explica a responsable da Biblioteca, facerse socio é moi sinxelo, acudindo á calquera das Bibliotecas Públicas de Galicia, xa que o carné é válido en todas elas.

A concelleira remarcou a “importancia que ten ter unha Biblioteca viva” e o bo servizo de préstamo que teñen, “que nos permite estar ao tanto das novidades editoriais, así como ter de man clásicos atemporais que podemos coller, desfrutar e devolver con facilidade”.

Este sábado, ademais, haberá unha actuación de maxia para nenos e nenas con temática de Samaín a partir das 12.00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *