Xel no Ecoparque.

A época estival deste 2020 será diferente, por mor da situación epidemiolóxica que
estamos a vivir e que obriga a extremar as precaucións á hora de realizar turismo. Así a
todo, tanto na fase 1 na que nos atopamos no día de hoxe como na fase 2 na que entrará
a nosa comunidade a partir de mañán permiten a realización de actividades turísticas
activas nas contornas naturais.

A vila conta cun enorme catálogo de opcións para gozar dun turismo activo, seguro e de gran divertimento familiar. Unha desas opcións é o Ecoparque, que informou esta semana de que reabrirá as súas portas o próximo 30 de maio. A instalación vén de presentar un importante protocolo sanitario para a súa volta á actividade, que comprendeu a instalación dunha pequena cabina de acceso, na que os usuarios poderán desinfectar as súas mans para acceder ao recinto, así como a colocación de expendedores de xel hidroalcohólico en diversos puntos estratéxicos.

Tamén foi adaptado o espazo da terraza, no que as mesas cumpren coas medidas de
distancia mínima de 2 metros entre elas, e realizarase un control de aforo en todo
momento, así como controis de temperatura aos que acudan ás instalacións para reducir
ao máximo posible o risco de contaxio. Todo o persoal do parque conta, ademais, con
equipos de protección individual para garantir a súa seguridade laboral.

A partir do 30 de maio, cando o Ecoparque entre de novo en funcionamento, será imprescindible pedir cita previa, a través dun email reservas@aventurariasbaixas.com ou dos teléfonos 986702056 e 692847622.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *