María Ramallo co bastón de mando tras ser nombrada novamente alcaldesa de Marín.

Coa súa nova maioría absoluta, e xa son catro, María Ramallo converteuse novamente en alcaldesa de Marín ante un salón de plenos cheo ata a bandeira e en presenza da que fose conselleira do Mar ata hai apenas uns días, Rosa Quintana, e do presidente do Porto de Marín, José Benito Durán. Tampouco faltaron familiares, amigos, simpatizantes e veciños que non quixeron deixar pasar a oportunidade de acompañar a Ramallo é este día tan importante, unha xornada que supón o punto de partida para o próximos catro anos. Ante todos eles a rexedora recoñeceu a súa vocación polo servizo público e agradeceu a confianza depositada nela e en todo o seu equipo ao longo deste tipo e que se revalidou nas urnas o pasado 28 de maio.

«Un contrato por 4 anos, sempre á vosa disposición, sempre con ánimo de unir, de ampliar e de construir, nesta tafefa fan falta todas as mans que de xeito voluntario prestamos gran parte da nosa vida a facer cousas por Marín, facendo esforzos e gastando o máis preciado que é o noso tempo, horas, días, sempre e en cada momento», expresó en su discurso.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí